Letras Galegas 2018

O espectáculo que presentamos nesta ocasión para conmemorar o día das Letras Galegas é CANTARES DAS LETRAS, DE ROSALÍA A VICTORIA

Unha vez máis xuntamos a música e o teatro para achegarnos aos centros educativos e conmemorar, deste xeito, as Letras Galegas.  

Nesta ocasión, ademais de homenaxear a Victoria Moreno, tamén faremos un percorrido pola historia das Letras Galegas, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. Todo isto co tono desenfadado e divertido que caracteriza ao noso proxecto.