O Mundo de Carliños

.
Unha vez máis xuntamos a música e os monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado nas letras galegas 2017: Carlos Casares.
.
Carliños soña con ser escritor e xunto con Luis Vallecillo compartirá con todas e todos as historias que nacen do seu maxín. Personaxes como unha galiña azul ou as laranxas máis laranxas de tódalas laranxas xa bulían pola cabeza de Carlos Casares cando tan só era un rapaz e neste concerto cantarémolas e bailarémolascoma nunca antes se fixera.
.