Formato Escolar

Contamos cun formato especial de “O Bigote de Mimí” para os colexios dentro do horario escolar enmarcado dentro do proxecto de Creación de novos públicos (que podes ver en http://www.luisvallecillo.es/creacion-de-novos-publicos/ ).

Trátase dunha versión reducida do espectáculo con 3 músicos e monicreques para un máximo de 200 nenas e nenos, sen iluminación e con variacións no decorado co obxectivo de adecuarnos a diferentes lugares.

Está dirixido ó alumnado de infantil e primaria, coa recomendación de que os alumnos de infantil vexan o espectáculo xunto con algún dos cursos de primaria (ou todos xuntos), dado que dese xeito aumenta a participación e o concerto é máis dinámico. En canto ao espazo, o interesante é que ante todo sexa cómodo para as nenas e nenos, non precisando ningunha característica especial pero intentando evitar aquelas zonas na que a acústica é peor, como ximnasios ou aulas completamente diáfanas.

Se a actuación se realiza no propio colexio, todo o material necesario será aportado por nós, pero en caso de levalo a cabo nun teatro, auditorio ou casa da cultura, deben contar como mínimo con equipo de son e un técnico de sala.

Para máis información podedes poñervos en contacto connosco a través do seguinte correo electrónico: contacto@luisvallecillo.es